8 jun 2020

LUNS 8


LUNS 8


Bo día

Hoxe celebrase o día mundial dos océanos . O outro día falamos da contaminación na natureza e pensamos que isto non afecta aos océanos pero todo acaba no mar. A contaminación dos mares  e océanos é preocupante porque son fonte de vida: alimentación, medicinas….
Estes días vimos vídeos fermosos dos mares e animais mariños. Agora quero mostrar un vídeo do que xa está a pasar cos nosos mares:

                https://www.youtube.com/watch?v=IA7ARwbULOc

Pensa como queres encontrar o mar este verán. Este vídeo mostra o susto que podes levar (coidado):


Déixovos  este conto que mostra  como todos xuntos podemos facer cousas para axudar:

Agora déixovos un mar limpo no que tedes que encontrar as 10 diferenzas:









Deica mañá.😊


5 jun 2020

VENRES 5


VENRES 5




Bo día

Hoxe celébrase o día mundial do medio ambiente, para recordar que soamente depende de nos ter un planeta san, para poder estar ben e poder gozar de todo o que nos rodea. Moita xente pensa que non pode facer nada ao respecto pero pequenos xestos son os que axudan máis. Recorda depende de tod@s nos.
Este vídeo mostra o que podemos e o que non debemos facer:

                           https://www.youtube.com/watch?v=kj6B1tFZtQM

Sempre debes recordar:

                         https://www.youtube.com/watch?v=06QjyuFcuUY

Agora vos, recordades o cor de cada contedor?  Colorea o contedor do cor correspondente e une o lixo co seu contedor   :





Podes facer algo parecido neste xogo:



 Bo fin de semana. 😊

4 jun 2020

XOVES 4


XOVES 4


Bo día



Estamos rematando a primeira semana de xuño, xa falta menos para o verán.
A adiviña de onte era moi sinxela, seguro que tod@s acertáchedes á primeira: ostra.
En Galicia críase a ostra en bateas igual que o mexillón e as zamburiñas. E para ter máis información déixovos este enlace:




E como non aquí tedes unha  nova adiviña:





Pero esta vez non vou dar ninguna pista, tedes que debuxar o que é.

Tamén unha actividade  de números descendentes:






E para rematar e relaxarnos un pouco este crebacabezas dos animais mariños:


Deica mañá.😊

3 jun 2020

MÉRCORES 3


MÉRCORES 3



Bo día

Como estades hoxe? Espero que con moito ánimo a pesar da treboada de onte.
Supoño que acertáchedes á primeira a adiviña de onte: o mexillón.
En Galicia críase mexillón en bateas, as cordas cos mexillóns parecen bosques mariños.







Hoxe déixovos unha nova adiviña:





Tamén déixovos esta actividade de lóxica-matemática un pouco máis difícil que as de sempre:







Neste enlace podedes encontrar unha morea de actividades con cunchas:





Deica mañá😊


2 jun 2020

MARTES 2


MARTES 2



Bo día

Que tal o debuxo con lanterna? Espero que os saíra unha obra de arte.
A adiviña de onte era moi sinxela: cabaliño de mar. Para recordar como son e como se comportan déixovos este vídeo:


                      https://www.youtube.com/watch?v=WEne5MEIRiY



Hoxe deixo unha nova adiviña:





Na seguinte actividade  tedes que contar os animais mariños:






A última actividade de hoxe é un pouco diferente. Tedes que ler e elixir a frase
que corresponde ao debuxo.






Deica mañá. 😉

1 jun 2020

LUNS 1


LUNS 1



Bo día

Comezamos o último mes do curso, o mes de xuño. Seguro que o venres acertaches a adiviña: peixe espada.
Hoxe déixovos unha nova adiviña moi fácil:





E para repasar os números unha serie ascendente:



E como estamos a falar do mar déixovos este enlace dunha actividade que ensina como facer un libro de lanterna de animais mariños:







Deica mañá.😊

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...