18 jun. 2020

VENRES 19


VENRES 19







Bo día chic@s hoxe é o último día do curso. Toca a despedidas. Finalizáchedes educación infantil e comezaredes unha nova etapa , nun novo cole, cos amigos de sempre e con outros novos que faredes no cole de  “maiores”. Algúns seguiredes xuntos e outros seguiredes outros camiños, pero para nós sempre seredes un grupo especial .
Pasade un bo verán e disfrutade por todos estes meses que quedamos na casa sen poder saír e por moitos máis.
Hoxe non hai tarefas, soamente este vídeo feito con moito cariño:


Ata pronto e moitos bicos
 



17 jun. 2020

XOVES 18


XOVES 18


Bo día
Faltan uns días máis e xa comeza o verán. Espero que o tempo mellore e poidamos ir a praia.
Hoxe déixovos estas adiviñas relacionadas co bo tempo e a praia:





Como onte, non dou pistas,  porque son moi sinxelas. Aínda que neste SUDOKU están todas  as respostas:





Por certo , a solución ás adiviñas de onte son : Sol e parasol, seguro que non fallou ninguén.
Tamén déixovos unha actividade máis complicada:




Deica mañá.😊

16 jun. 2020

MÉRCORES 17


MÉRCORES 17


Bo día

Estamos xa a metade da semana, moito ánimo.
Seguro que todos sabedes a resposta a adiviña de onte: delfín.
Estos días polo porto de Sada podedes ver 2 ó 3 que andan a captura das sardiñas.









Nestes vídeos podedes aprender máis cousas sobre o delfín



Dentro duns días xa podemos ir a praia, pero con precaución. Recordade que temos que coidar as nosas praias e mares. Por eso pensei en propoñer estas outras adiviñas:



 





Como son sinxelas non vou dar ningunha pista, tedes que debuxar o que pensades que é.
Tamén déixovos esta actividade:





Deica mañá.😊

MARTES 16


MARTES 16



Bo día

Xa queda un día menos para que empece o verán.
Onte deixei un vídeo cos nomes dos tiburóns, si estivechedes atentos saberedes que a solución a adiviña do luns era tiburón como os dixen , o que non os dixen é que os dous debuxon son tiburóns: tiburón serra e tiburón branco.

A solución a adiviña de onte era:balea.


                     https://www.youtube.com/watch?v=VS1gxJz1ck0


Hai moito tempo un escritor chamado HERMAN MELVILLE escribiu un libro moi famoso sobre unha balea branca chamada MOBY DICK

                    https://www.youtube.com/watch?v=rfMEExOXDKw


Será verdade ou será unha lenda?

Aquí déixovos unha nova adiviña :




Tamén déixovos esta actividade : une as sumas que teñan o mesmo resultado







E por último este enlace para facer  unha balea con material reciclado:





Deica mañá.😊



14 jun. 2020

LUNS 15


LUNS 15


Bo día

Estamos xa na última semana de cole, xa falta menos para as vacacións de verán.
Recordades a adiviña do venres ?A solución era tiburón.

                    https://www.youtube.com/watch?v=joOytHwgemw


                   https://www.youtube.com/watch?v=IPT0RjvM4AY


 Aquí déixovos unha nova adiviña dun novo grupo de animais mariños:



Tamén un pouco de traballo cos números:




Deica mañá.😊

11 jun. 2020

VENRES 12


VENRES 12



Bo día

Rematou outra semana , soamente queda outra máis  e comeza o verán.
Que tal a adiviña de onte? Era moi difícil: lura ou calamar.
A lura, as sepias… teñen unha pluma no interior e soltan un chorro de tinta cando son atacados polos seus depredadores.
Recordemos:
                   https://www.youtube.com/watch?v=_sDgRN2eHKs

Hai unha lenda moi famosa sobre unha lura (calamar) xigante: KRAKEN. Recordades?

                  https://www.youtube.com/watch?v=eZS-Jy2TwHg

Aquí  déixovos  unha nova adiviña:



Pero non me esquezo de  deixar unha actividade de lóxica-matemática un pouco máis difícil cas de costume:




E por si queredes tentar a facelo:

                  https://www.youtube.com/watch?v=xt6aoAscIT8


Bo fin de semana.😉

10 jun. 2020

XOVES 11


XOVES 11




Bo día

Que tal a adiviña de onte? Moi fácil, non?: tartaruga.




As tartarugas aliméntanse de medusas, e unha mostra de que cada vez hai menos tartarugas é a proliferación das medusas nas nosas praias. Por iso a importancia de reciclar.



Hoxe déixovos unha adiviña un pouco difícil, necesitaredes moita axuda:



E agora toca contar: cantas tartarugas van cara a dereita e cantas a esquerda?





Déixovos contando .Deica mañá.😊


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...