20 may 2020

MÉRCORES 20


MÉRCORES 20







Bos días

Esta semana estamos a falar do mar. Sempre falamos da importancia de ter as praias limpas pero no vídeo de onte podedes ver claramente como afecta os animais e o planeta.
Agora que pronto iremos á praia non o esquezades, pois todos podemos axudar.
Que tal a adiviña de onte? Pois claro era o veleiro.
Aquí déixovos outra adiviña un pouco máis difícil: resolve a adiviña e colorea o debuxo que corresponda.





Tamén a profe Mónica enviou unha actividade moi divertida: recorta as formas de cores e
intenta facer as figuras.







Podedes copiar as fichas en cartón e crear outras figuras novas.
Tamén déixovos esta actividade de cousas que podedes atopar na praia. Serás capaz de saber de cal delas hai máis? Fai as sumas para saber o resultado.






Deica mañá.😊😊

19 may 2020

MARTES 19


MARTES 19



Bos días

Que tal a adiviña de onte? Claro era o MAR.
En Galicia o mar é moi importante, pois del vivimos e con él gozamos.
Neste vídeo podedes aprender algunas cousas sobre o mar.




Hoxe déixovos unha nova adiviña:





Tamén un código de palabras entre as que se encontran palabras relacionadas co mar e a praia:





E por último, unha actividade de lóxica-matemática: cruzada.





Deica mañá.😉


18 may 2020

LUNS 18


LUANS 18





Bos días


Hoxe, 18 de maio, celébrase o Día Internacional dos Museos. Desde este enlace:


poderedes facer unha visita virtual ós diferentes museos de Galicia, entre outros o Museo do Mar de Galicia.
Esta semana imos comezar a repasar un pouco do que traballamos sobre o mar, pois cada día fai un pouco máis de calor e pronto poderemos ir a Praia.
Comezamos cunha adiviña: Resolve a adiviña e colorea o debuxo que corresponda.




Tamén déixovos esta actividade de lóxica-matemática para repasar un pouco os números.






 O luns temos educación física, non esquezades mirar o blog do profe Ricardo.

Deica mañá.

15 may 2020

VENRES 15


VENRES 15






Bos días
Rematou outra semana máis.
Hoxe, as profes do CRA de Bergondo temos unha sorpresa para tod@s, mirade no blog da biblioteca para saber de que se trata.
Saberedes a que libro pertenece esta portada?. Fai o crebacabezas e o saberás.








Déixovos unha actividade de lóxica-matemática con as pitas do libro: unir .




Ricardo Carballo Calero pon nome ás galiñas , agora imaxina como as chamarías ti.





Neste enlace podedes encontrar moitos xogos relacionados co día das letras galegas

Bo fin de semana.

14 may 2020

XOVES 14


XOVES 14




Bos días

Hoxe teredes que descifrar o código para saber de que imos falar:




O escritor homenaxeado é: Ricardo Carballo Calero. Fíxate ben, o 1º apelido é o nome dunha árbore: carballo ( roble) que traballamos no outono. Recordas como son as follas de carballo?, e recordas que froito dá?.
Une cunha frecha o carballo coa súa folla e con outra frecha o carballo co seu froito.




E por último un crebacabezas do personaxe de seu libro.





Deica mañá. 😉

13 may 2020

MÉRCORES 13


MÉRCORES 13

Bos días



Seguimos na semana dedicada ás letras galegas. Noso escritor homenaxeado é Ricardo Carballo (Carvalho) Calero, gran defensor da lingua galega.
Imos agora a recordar algunhas das palabras aprendidas en galego, serás quen de saber que significa cada unha?. Pide axuda para ler as palabras.
Relaciona a palabra co animal.



Onte deixei un enlace para ver un vídeo dun libro deste escritor galego: As pitas baixo a chuvia. Saberías dicir quen son os personaxes?. Moi ben, as pitas e a súa familia.
Aquí temos unhas pitas que non paran de comer vermes. Serás capaz de saber cantos vermes come cadas pita?





Por último, serás quen de encontrar diferenzas entre os dous debuxos?.






Deica mañá.😉

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...