16 jun 2020

MÉRCORES 17


MÉRCORES 17


Bo día

Estamos xa a metade da semana, moito ánimo.
Seguro que todos sabedes a resposta a adiviña de onte: delfín.
Estos días polo porto de Sada podedes ver 2 ó 3 que andan a captura das sardiñas.









Nestes vídeos podedes aprender máis cousas sobre o delfín



Dentro duns días xa podemos ir a praia, pero con precaución. Recordade que temos que coidar as nosas praias e mares. Por eso pensei en propoñer estas outras adiviñas:



 





Como son sinxelas non vou dar ningunha pista, tedes que debuxar o que pensades que é.
Tamén déixovos esta actividade:





Deica mañá.😊

MARTES 16


MARTES 16



Bo día

Xa queda un día menos para que empece o verán.
Onte deixei un vídeo cos nomes dos tiburóns, si estivechedes atentos saberedes que a solución a adiviña do luns era tiburón como os dixen , o que non os dixen é que os dous debuxon son tiburóns: tiburón serra e tiburón branco.

A solución a adiviña de onte era:balea.


                     https://www.youtube.com/watch?v=VS1gxJz1ck0


Hai moito tempo un escritor chamado HERMAN MELVILLE escribiu un libro moi famoso sobre unha balea branca chamada MOBY DICK

                    https://www.youtube.com/watch?v=rfMEExOXDKw


Será verdade ou será unha lenda?

Aquí déixovos unha nova adiviña :




Tamén déixovos esta actividade : une as sumas que teñan o mesmo resultado







E por último este enlace para facer  unha balea con material reciclado:





Deica mañá.😊



14 jun 2020

LUNS 15


LUNS 15


Bo día

Estamos xa na última semana de cole, xa falta menos para as vacacións de verán.
Recordades a adiviña do venres ?A solución era tiburón.

                    https://www.youtube.com/watch?v=joOytHwgemw


                   https://www.youtube.com/watch?v=IPT0RjvM4AY


 Aquí déixovos unha nova adiviña dun novo grupo de animais mariños:



Tamén un pouco de traballo cos números:




Deica mañá.😊

11 jun 2020

VENRES 12


VENRES 12



Bo día

Rematou outra semana , soamente queda outra máis  e comeza o verán.
Que tal a adiviña de onte? Era moi difícil: lura ou calamar.
A lura, as sepias… teñen unha pluma no interior e soltan un chorro de tinta cando son atacados polos seus depredadores.
Recordemos:
                   https://www.youtube.com/watch?v=_sDgRN2eHKs

Hai unha lenda moi famosa sobre unha lura (calamar) xigante: KRAKEN. Recordades?

                  https://www.youtube.com/watch?v=eZS-Jy2TwHg

Aquí  déixovos  unha nova adiviña:



Pero non me esquezo de  deixar unha actividade de lóxica-matemática un pouco máis difícil cas de costume:




E por si queredes tentar a facelo:

                  https://www.youtube.com/watch?v=xt6aoAscIT8


Bo fin de semana.😉

10 jun 2020

XOVES 11


XOVES 11




Bo día

Que tal a adiviña de onte? Moi fácil, non?: tartaruga.




As tartarugas aliméntanse de medusas, e unha mostra de que cada vez hai menos tartarugas é a proliferación das medusas nas nosas praias. Por iso a importancia de reciclar.



Hoxe déixovos unha adiviña un pouco difícil, necesitaredes moita axuda:



E agora toca contar: cantas tartarugas van cara a dereita e cantas a esquerda?





Déixovos contando .Deica mañá.😊


9 jun 2020

MÉRCORES 10


MÉRCORES 10


Bo día

Estamos xa na metade da semana, espero que con moito ánimo.
A adiviña de onte era moi sinxela, verdade? era a medusa.



Hoxe déixovos unha adiviña :



Tamén esta actividade de encontrar o camiño. Recordas o nome do peixe? A profe Eva contáranos un conto moi bonito no que aparece un peixe coma este.




Agora imos tentar facer unha medusa, neste vídeo temos un exemplo :


                https://www.youtube.com/watch?v=0RIF_a2yvIg

Deica mañá.😊

MARTES 9


MARTES 9




Bo día

Hoxe retomamos o repaso dos animais mariños. A solución a adiviña do xoves é: a estrela de mar. Para saber máis deste grupo de animais mariños déixovos este enlace:


                        https://www.youtube.com/watch?v=pvJKa2YoP6Y


Agora outra nova adiviña:



Pero non soamente as persoas necesitan do mar, tamén estos paxaros que tedes neste sudoku, sabes como se chaman? 
Recorda que non poden coincidir dous animais iguais na mesma fila ou columna.




E para non esquecer os números esta actividade: números descendentes




Deica mañá.😊


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...