2 sept 2023

Reunión 6 de setembro de inicio de curso


       Ola! Benvid@s a un novo curso!

     O meu nome é Mónica, serei a mestra dos vosos fill@s ata que acaben a educación infantil no CRA.

     O día 6 de setembro (mércores) temos unha reunión informativa ás 12:00 na aula dos triángulos da escola de Guísamo, alí dareivos información relevante para o inicio de curso.

    Período de adaptación: abrangue dende o 11 de setembro ata o 15 do mesmo mes. Os horarios serán:

- día 11: ás 10:00 entrarán Leyre, Manuela, Candela, Mateo, Valeria e Merelyn Daniela e os recolleredes ás 11:30

             ás 12:00 entrará o seguinte grupo composto por Jonathan, Arturo, Zeltia, Enzo, Adrián e Yaneli e os recolleredes ás 13:30

- día 12: o mesmo horario que o do día 11

- día 13: todos os nen@s entrarán ás 11:00 e sairán ás 13:00

- día 14: todos os nen@s entrarán ás 10:00 e sairán ás 13:00

- día 15: todos os nen@s entrarán ás 9:30 e sairán ás 13:00 

   A partir dese día, o horario será de 9:00 a 14:00h

   Para calquera dúbida podedes escribirme ao correo electrónico trianguloguisamo@gmail.com 

  Grazas e vémonos pronto|

  














18 jun 2020

VENRES 19


VENRES 19







Bo día chic@s hoxe é o último día do curso. Toca a despedidas. Finalizáchedes educación infantil e comezaredes unha nova etapa , nun novo cole, cos amigos de sempre e con outros novos que faredes no cole de  “maiores”. Algúns seguiredes xuntos e outros seguiredes outros camiños, pero para nós sempre seredes un grupo especial .
Pasade un bo verán e disfrutade por todos estes meses que quedamos na casa sen poder saír e por moitos máis.
Hoxe non hai tarefas, soamente este vídeo feito con moito cariño:


Ata pronto e moitos bicos
 



17 jun 2020

XOVES 18


XOVES 18


Bo día
Faltan uns días máis e xa comeza o verán. Espero que o tempo mellore e poidamos ir a praia.
Hoxe déixovos estas adiviñas relacionadas co bo tempo e a praia:





Como onte, non dou pistas,  porque son moi sinxelas. Aínda que neste SUDOKU están todas  as respostas:





Por certo , a solución ás adiviñas de onte son : Sol e parasol, seguro que non fallou ninguén.
Tamén déixovos unha actividade máis complicada:




Deica mañá.😊

16 jun 2020

MÉRCORES 17


MÉRCORES 17


Bo día

Estamos xa a metade da semana, moito ánimo.
Seguro que todos sabedes a resposta a adiviña de onte: delfín.
Estos días polo porto de Sada podedes ver 2 ó 3 que andan a captura das sardiñas.









Nestes vídeos podedes aprender máis cousas sobre o delfín



Dentro duns días xa podemos ir a praia, pero con precaución. Recordade que temos que coidar as nosas praias e mares. Por eso pensei en propoñer estas outras adiviñas:



 





Como son sinxelas non vou dar ningunha pista, tedes que debuxar o que pensades que é.
Tamén déixovos esta actividade:





Deica mañá.😊

MARTES 16


MARTES 16



Bo día

Xa queda un día menos para que empece o verán.
Onte deixei un vídeo cos nomes dos tiburóns, si estivechedes atentos saberedes que a solución a adiviña do luns era tiburón como os dixen , o que non os dixen é que os dous debuxon son tiburóns: tiburón serra e tiburón branco.

A solución a adiviña de onte era:balea.


                     https://www.youtube.com/watch?v=VS1gxJz1ck0


Hai moito tempo un escritor chamado HERMAN MELVILLE escribiu un libro moi famoso sobre unha balea branca chamada MOBY DICK

                    https://www.youtube.com/watch?v=rfMEExOXDKw


Será verdade ou será unha lenda?

Aquí déixovos unha nova adiviña :




Tamén déixovos esta actividade : une as sumas que teñan o mesmo resultado







E por último este enlace para facer  unha balea con material reciclado:





Deica mañá.😊



14 jun 2020

LUNS 15


LUNS 15


Bo día

Estamos xa na última semana de cole, xa falta menos para as vacacións de verán.
Recordades a adiviña do venres ?A solución era tiburón.

                    https://www.youtube.com/watch?v=joOytHwgemw


                   https://www.youtube.com/watch?v=IPT0RjvM4AY


 Aquí déixovos unha nova adiviña dun novo grupo de animais mariños:



Tamén un pouco de traballo cos números:




Deica mañá.😊

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...