Onte os Reis Magos pasaron pola escola para recoller as nosas cartas. Dixémoslles o que queriamos e despois botamos as cartas no Buzón Real. Tamén fixemos unha festiña de Nadal. Foi un día cheo de sorpresas, emocións e moitas ilusións. ¡Que ben o pasamos!
Nestes días fixemos unhas castañas moi divertidas e hoxe levámolas para casa. Marchamos moi contentiños e contentiñas con elas. Chegou o frío e a chuvia ¡é tempo de castañas!