19 feb 2021
18 jun 2020
VENRES 19
VENRES 19
Bo día chic@s hoxe é o último día do curso. Toca a despedidas.
Finalizáchedes educación infantil e comezaredes unha nova etapa , nun novo
cole, cos amigos de sempre e con outros novos que faredes no cole
de “maiores”. Algúns seguiredes xuntos e outros seguiredes outros
camiños, pero para nós sempre seredes un grupo especial .
Pasade un bo verán e disfrutade por todos estes meses que quedamos na casa
sen poder saír e por moitos máis.
Hoxe non hai tarefas, soamente este vídeo feito con moito cariño:
Ata pronto e moitos bicos
17 jun 2020
XOVES 18
XOVES 18
Bo día
Faltan uns días máis e xa comeza o verán. Espero que o tempo
mellore e poidamos ir a praia.
Hoxe déixovos estas adiviñas relacionadas co bo tempo e a praia:
Como onte, non dou pistas, porque son moi sinxelas. Aínda que neste
SUDOKU están todas as respostas:
Por certo , a solución ás adiviñas de onte son : Sol e
parasol, seguro que non fallou ninguén.
Tamén déixovos unha actividade máis complicada:
Deica mañá.😊
16 jun 2020
MÉRCORES 17
MÉRCORES 17
Bo día
Estamos xa a metade da semana, moito ánimo.
Seguro que todos sabedes a resposta a adiviña de onte:
delfín.
Estos días polo porto de Sada podedes ver 2 ó 3 que andan a
captura das sardiñas.
Nestes vídeos podedes aprender máis cousas sobre o delfín
Dentro duns días xa podemos ir a praia, pero con precaución.
Recordade que temos que coidar as nosas praias e mares. Por eso pensei en propoñer
estas outras adiviñas:
Como son sinxelas non vou dar ningunha pista, tedes que
debuxar o que pensades que é.
Tamén déixovos esta actividade:
Deica mañá.😊
MARTES 16
MARTES 16
Bo día
Xa queda un día menos para que empece o verán.
Onte deixei un vídeo cos nomes dos tiburóns, si estivechedes
atentos saberedes que a solución a adiviña do luns era tiburón como os dixen , o
que non os dixen é que os dous debuxon son tiburóns: tiburón serra e tiburón
branco.
A solución a adiviña de onte era:balea.
Hai moito tempo un escritor chamado HERMAN MELVILLE escribiu
un libro moi famoso sobre unha balea branca chamada MOBY DICK
Será verdade ou será unha lenda?
Aquí déixovos unha nova adiviña :
Tamén déixovos esta actividade : une as sumas que teñan o
mesmo resultado
E por último este enlace para facer unha balea con material reciclado:
Deica mañá.😊
14 jun 2020
LUNS 15
LUNS 15
Bo día
Estamos xa na última semana de cole, xa falta menos para as
vacacións de verán.
Recordades a adiviña do venres ?A solución era tiburón.
Estes días falabamos da importancia de reciclar, pois o
traballo manual de hoxe é cos rolos de papel:
https://translate.googleusercontent.com/translate_c?depth=1&hl=es&prev=search&rurl=translate.google.com&sl=en&sp=nmt4&u=http://www.pinkstripeysocks.com/2015/02/toilet-roll-shark-binoculars-kids-craft.html&usg=ALkJrhh_WN3Ges9973nuzak73azGLgVlTQ
https://translate.googleusercontent.com/translate_c?depth=1&hl=es&prev=search&rurl=translate.google.com&sl=en&sp=nmt4&u=http://www.pinkstripeysocks.com/2015/02/toilet-roll-shark-binoculars-kids-craft.html&usg=ALkJrhh_WN3Ges9973nuzak73azGLgVlTQ
Deica mañá.😊
11 jun 2020
VENRES 12
VENRES 12
Bo día
Rematou outra semana , soamente queda outra máis e comeza o verán.
Que tal a adiviña de onte? Era moi difícil: lura ou calamar.
A lura, as sepias… teñen unha pluma no interior e soltan un
chorro de tinta cando son atacados polos seus depredadores.
Recordemos:
Hai unha lenda moi famosa sobre unha lura (calamar) xigante:
KRAKEN. Recordades?
Aquí déixovos unha nova adiviña:
Pero non me esquezo de
deixar unha actividade de lóxica-matemática un pouco máis difícil cas de
costume:
E por si queredes tentar a facelo:
Bo fin de semana.😉
Suscribirse a:
Entradas (Atom)