Onte recibimos unha visita moi especial, veu ao cole o Pandigueiro.
19 dic 2012
14 dic 2012
Cousas da India
Tivemos a ocasión de coñecer moitas cousas sobre a India grazas a Mónica, nai dunha compañeira do cole de Carrio que nos trouxo especias, obxectos, cartos, teas e roupa da India. Foi unha experiencia moi interesante e enriquecedora.
Neste vídeo podedes ver coma Mónica pon o "sari" :
13 dic 2012
Magosto 2012
Alá polo outono fixemos o Magosto. Fomos no autobús á escola dos maiores, onde vimos a exposición das cabazas decoradas. Despois vimos coma un home asaba as castañas, que repartiu entre tódolos nenos e nenas, e sentamos a comelas.
Por último, coa barriga ben chea fomos xogar.
O noso mural de outono
Axiña chegou o outono e comezamos a decorar a aula.Aquí nos tedes reciclando a nosa árbore do curso pasado para o mural.
5 sept 2012
REUNIÓN de PRINCIPIO de CURSO
Bos días a tod@s,
O luns día 10 de setembro, ás 9.30, teremos a reunión de principio de curso na aula dos Triángulos.
As familias que xa teñan todo o material poden traerlo nunha bolsa co nome d@ nen@.
Ata entón recibide un cordial saúdo.
1 ago 2012
BENVIDA AO CURSO 2012-2013
Por mor da subida do IVE no mes de Setembro este ano publicamos adiantada a listaxe de material do curso escolar.
Deste xeito poderase mercar antes do devandito incremento dos prezos.
Vémonos en Setembro!!
Bo verán!!
21 jun 2012
¡Fin de curso!
Rematamos xa as clases e estamos moi contentos de comezar as vacacións. Aquí estamos coas nosas sardiñas de San Xoán festexando que chegou o verán.
¡¡Ata setembro!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)