30 abr 2020

XOVES 30


XOVES 30








Bos días
Hoxe é o último día de tarefas.
Espero que onte salira moi ben o SUDOKU. Para hoxe fixen outro con algúns dos animais do bosque que traballamos durante o primeiro trimestre:







Tamén deixo unha actividade moi sinxela de lóxica-matemática: sumas e restas.






E de lectoescritura dúas , unha moi sinxela e outra un pouco máis difícil, pero seguro que podedes coas dúas:








Espero que xa teñades rematado o cuadro para mamá.

Bo fin de semana e feliz día da nai.😉

29 abr 2020

MÉRCORES 29


MÉRCORES  29





Bos días

Xa estamos a metade da semana porque o venres é o día do traballo e non temos tarefas.
Que tal o experimento de onte? Supoño que todo foi moi ben cun pouco de axuda.
Hoxe propoño algo máis tranquilo: Sudoku





Tamén unha actividade moi sinxela de lectoescritura: Encontra a palabra correcta.








E unha actividade de lóxica-matemática: Resta e encontra as restas que teñen o mesmo resultado e une mediante frechas.





Deica mañá.😉

28 abr 2020

MARTES 28

MARTES 28



Bos días

Que tal foi o debuxo con esa nova técnica? Espero que ben.
Onte o tempo non foi moi bo, non sei se poderías sair, pero xa sabemos o que pasa no mes de abril

En abril, augas mil.

Teño un pequeno experimento que mostra un fenómeno atmosférico , que po rsorte aquí pouco pasa.


                  https://www.youtube.com/watch?v=Odz6NbGHubw

                  https://www.youtube.com/watch?v=BKWOihdkn7Q

Nas seguintes actividades de lectoescritura estamos a repasar as letras aprendidas: escribe a inicial de cada debuxo na liña correspondente.








E para que recordedes os exercicios do ascensor de matemáticas: escribe os números.




Recorda que podes empregar o cadro dos números que tes.

Deica maña. 😉

27 abr 2020

LUNS 27

LUNS 27






Bos días

Que tal o paseo de onte?. Seguro que foi xenial.
O próximo fin de semana celebramos o día da nai,  e a profe Mónica ; que se acorda moito de tod@s , propúxome a seguinte actividade:

Pintura que se infla:
3 culleradas de fariña
3 culleradas de sal
1 culleradas de fermento(levadura) en po
9 culleradas de auga

Dividir a masa en tarros pequenos e mesturar con témperas de diferentes cores.
Pintar con a masa fluída.
Meter no microondas durante 30 segundos.

Podedes facer o debuxo nun prato o nunha bandexa de cartón, quedaría un cadro moi chulo para regalar a mamá.
Pero como tamén temos que traballar un pouco cos números e as letras, aquí deixo estas actividades:

lóxico-matemática: Suma e encontra as sumas que teñen o mesmo resultado.






lectoescritura: cruzadas de palabras:













Deica mañá.😉

24 abr 2020

VENRES 24

VENRES 24





Bos días

Remata outra semana máis. Seguro que estades desexando que chegue o domingo para que por primeira vez, poidades saír un anaco á rúa. Parabéns.
Remata a semana adicada ó Día do Libro e a profe Marisol manda outro conto para tod@s:


https://weeblebooks.com/es/ciencia/senor-cuadrado-amigos/



Eu propóñovos unhas tarefas sinxelas de:

 lóxica-matemática: escribe o número que falta






lectoescritura: rodea a palabra correcta









Espero que o pasedes moi ben.

Ata o luns.😉

23 abr 2020

XOVES 23

XOVES 23






Bos días

Coma xa sabedes hoxe é o Día do Libro, por iso empezamos con unha adiviña, serás quen de acertar?.
Tamén deixo un marcapáxinas : colorea, recorta, dobra polos puntos e pega a cabeza da ra unha sobre a outra. Cando a cabeza quede sobre as páxinas do libro parecerá que come a folla( o pau queda dun lado da folla e a cabeza polo outro).





A profe Marisol quere formar parte deste día e manda este enlace para todo/as: ¿ Qué es el amor?

https://youtu.be/wdExBfvY-nQ


E como temos que traballar moito para poder ler os contos, aquí deixo outras actividades de lectoescritura:










Felíz Día do Libro!

Deica mañá.😉

22 abr 2020

MÉRCORES 22

MÉRCORES 22



Bos días

Esta semana celebramos o Día internacional do Libro e a profe Eva gustaríalle moito que lle fixésedes un debuxo do voso libro preferido e que enviedes a foto a este correo :

bibliocraber@gmail.com

para publicar todas as fotos no blogue da biblioteca.

Tamén a profe Marisol manda  para todos saúdos e esta carta :

Queridos papás e mamás nestes días tan difíciles para todos nós, que nos
         toca estar illados nas nosas casas, só dicirvos que aproveitedes estes días
         para disfrutar de algo tan valioso como é a familia e voltar a recuperar
         eses valores que pola rutina diaria e o traballo case esquecemos.
         Disfrutar dos nosos nenos: conversar, xogar, rir.... e tamén aproveitar para
         explicarlles o que está pasando coa pandemia (sempre adaptándose a súa
         idade) e  transmitirlles que agora máis ca nunca fan falla eses valores
         dos que vos falaba antes:  axudar ós demais, ser empáticos, ser
         respetuosos, estar unidos... etc
         Recibide un forte abrazo e que estes días vos sexan o máis amenos
         posibles.
 
Marisol quere compartir unhas actividades :

Coma o día 21 é o día da poesía, propóñovos traballar a poesía “Un bico porque sí” de Antonio García Teixeiro, para ello aulas galegas, nos proponen a seguinte actividade:

        http://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/03/Un-bico-porque-si.pdf

Pinchando no enlace, poderedes acceder ás actividades.

Tamén este Diploma para colorear e colgar por facelo tan ben:




Por último eu deixo unha actividade de lóxica-matemática:




Estou desexando ver eses debuxos,

Deica mañá😉

21 abr 2020

MARTES 21

MARTES 21






Bos días


Comezamos hoxe con outra adiviña, non sen dar antes a solución da adiviña do luns que era: saltamontes.

Aquí déixovos a seguinte adiviña






Debuxa e investiga sobre o animal.

A seguinte tarefa é de lectoescritura: ordena as letras







Para rematar unha actividade de lóxica-matemática; completa e escribe o número que falta






Deica mañá.  😉

20 abr 2020

LUNS 20







Bos días

Comezamos outra semana máis. Listos para traballar moito?

A solución á adiviña da semana pasada era: ra.
Aquí déixovos unha nova adiviña:





Debuxa e investiga sobre o animal.

Tamén seguimos traballando a lectoescritura: Rodea a palabra correcta.








E unha actividad de lóxica-matemática: Escribe os números que faltan.
Estas cruzadas son un pouco máis dificiles, pero seguro que podes.




Deica mañá 😉

17 abr 2020

VENRES 17


Bos días

Xa está aquí o fin de semana, toca descansar
Para este venres déixovos outra adiviñanza. Supoño que xa sabedes a solución á última adiviña, era a xoaniña. Recordade que son necesarias e que temos que coidalas moi ben para que non desaparezan. Que tal o debuxo?. Seguro que ben.
Aquí déixovos outra adiviñanza.




Debuxa o animal.
Tamén déixovos unha actividade de lectoescritura: ordena as letras.










Por último, unha actividade moi sinxela de lóxica-matemática: que número falta?.
Podes usar a guía dos números, se che parece que o precisas.

Que número falta?

2

4

9

11







23

25

                       
26

28


32

34

38

40



44

46
                       
49

51



48

50

53

55


54

56

        
58

60
                     


61

63
                     
67

69

                  
                     


                        























Bo fin de semana😊

16 abr 2020

XOVES 16

  XOVES  16

Bos días

Outro día máis na casa.
Que tal a adiviña de onte? Pois claro era a araña. Agora toca investigar sobre o animal.
Hoxe déixovos unha nova adiviña: Sabes que animal é?
Debuxa o animal no cuadrado.





E como sempre, unha actividade de lectoescritura: sopa de letras






De lóxica-matemática deixo unha cruzada, Espero que coa axuda da familia forades quen de facela o outro día.







Deica mañá. 😄

15 abr 2020

MÉRCORES 15



 MÉRCORES 15


 Bos días

Outro día máis na distancia.
Supoño que xa tedes a resposta á adiviña de onte: o caracol. Agora toca investigar sobre o animal ( que come, como nace, como se despraza...).
Hoxe déixovos outra adiviña:




Tamén déixovos unha actividade moi sinxela de lóxica-matemática: Descifra o código.



E para rematar déixovos varias actividades de lectoescritura, podedes elixir facer unha ou todas.: Rodea a palabra correcta.







Deica mañá 😉




14 abr 2020

MARTES 14


Martes 14

Bos días

Comezamos outra semana máis de confinamento esperando que xa falte menos para poder estar de volta todos xuntos. Por iso, hai que seguir traballando moito.

Como xa estamos na primavera, todo florece e os insectos e outros animais comezan a asomar. Aquí déixovos unha adiviña:
Sabes que animal é?. Debuxa o animal no cadrado.








Tamén déixovos esta actividade de lectoescritura:
Descifra e descubre as palabras.







Podes tentar ti facer outras palabras?



E hoxe déixovos unha actividade un pouco diferente de lóxica-matemática: Resolver as sumas e restas.








Deica mañá  😉

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...