29 may 2020

VENRES 29


VENRES 29




Bo día

Rematou outra semana de traballo, a última deste mes de maio.
Seguro que onte foi rápida a resposta á adiviña: sardiña. Hoxe déixovos unha adiviña moi fácil pero primeiro repasemos  algo máis dos peixes:


                  https://www.youtube.com/watch?v=amQj26jhgwU



Que animal será?. Colorea:





E déixovos unha actividade de lectoescritura un pouco difícil: ordena as letras:






Para rematar esta actividade : segue a serie. Non esquezas repasar o nome dos peixes






Bo fin de semana.😊

28 may 2020

XOVES 28


XOVES 28




Bo día

Hoxe imos comezar recordando o que falamos dos peixes:



              



Adiviñaredes o nome deste peixe? Unha pista, é o primeiro que nomea Alex no seu vídeo:
Adiviña e colorea






E serás capaz de saber os nomes destes peixes?: Hai 13 diferenzas que terás que sinalar no lado dereito.




Agora déixovos unha actividade un pouco máis difícil: Suma os números da cuadrícula.




Deica mañá.😊

27 may 2020

MÉRCORES 27


MÉRCORES 27




Bo día

Hoxe seguimos aprendendo e recordando cousas sobre o polbo. Nesta ocasión imos ver un vídeo de como se pescan:


                           https://www.youtube.com/watch?v=wqhOKx4CmwA


Recordades a nasa que vimos no cole?, pois aquí temos unha actividade de nasas. Non só os polbos poden pescarse con nasas tamén as nécoras, cangrexos, langostinos, lumbrigante, camarón … pódense pescar con nasas.
Nesta actividade terás que facer  as restas e co resultado delas, encontrarás que animal ten que ir en cada nasa.





Temos aquí outro animal do que xa falamos : o cangrexo. Serás quen de completar o cangrexo?



Neste vídeo podes ver como os pescan:


                            https://www.youtube.com/watch?v=WvJSg6EmYXo


E para rematar déixovos unha actividade de lectura:






Deica mañá.😊



26 may 2020

MARTES 26


MARTES 26



Bo día
Comezamos un novo día de moito calor, o ideal para ir de  pesca.
Sabedes a solución da adiviña de onte? POLBO ( pulpo).
Aquí déixovos estes enlaces onde podedes ver e recordar o que falamos dos polvos:





Agora tentade debuxar o lado que falta deste polvo:




E como está moi bo tempo para pasear en veleiro polo mar, déixovos esta ficha de áncoras e veleiros, terás que facer as operación matemáticas para saber cal é a súa áncora:




E para rematar unha actividade algo máis difícil: le, elixe e debuxa





Deica mañá.😊


25 may 2020

LUNS 25


LUNS 25




Bo día

Comezamos outra semana máis, a última do mes de maio. Xa falta menos para poder ir a praia, por iso recordade que este ano hai que cuidala máis ca nunca.
Nos seguimos a recordar os nomes dos animais mariños dos que falaramos na clase. Recordades que animal era o da adiviña do venres? O cangrexo.
Aquí déixovos outra:





E para repasar o nome dalgún outro animal mariño déixovos un SUDOKU, serás quen de saber o nome de todos os animais que aparecen?





Antes de rematar déixovos unha actividade de lectoescritura moi sinxela:





Deica mañá.😊


21 may 2020

venres 22


VENRES 22




Bos días

Acabamos outra semana máis de duro traballo. Como xa estamosm un pouco cansos de traballar toda a semana déixovos un traballo especial,abre o enlace e repite as letras dos animais:


Que tal a adiviña de onte? A resposta era o peixe.
Aquí  tedes outra adiviña: Resolve e colorea o debuxo da resposta correcta.





E para rematar, déixovos este enlace onde podedes encontrar unha morea de traballos manuais do mar para facer con materiais reciclados:


Bo fin de semana

XOVES 21


XOVES 21




Bos días

Xa case rematou outra semana máis. Hoxe xoves, temos clase de música, non esquezades mirar o blog da profe María onde encontraredes divertidas actividades.Tamén a profe Eva, cun novo conto,  pasaría por clase. Mirade no blog da biblioteca con que conto nos sorprende hoxe.
A solución da adiviña de onte era : as olas.
Aquí déixovos este crebacabezas onde encontraredes todos os elementos das adiviñas destes  destes días.





e tamén  unha nova adiviña: Resolve e colorea o debuxo correspondente





Tamén déixovos unha sopa de letras con palabras relacionadas con cousas da Praia




Por último, repasamos os números.





                      
Deica mañá. 😉

20 may 2020

MÉRCORES 20


MÉRCORES 20







Bos días

Esta semana estamos a falar do mar. Sempre falamos da importancia de ter as praias limpas pero no vídeo de onte podedes ver claramente como afecta os animais e o planeta.
Agora que pronto iremos á praia non o esquezades, pois todos podemos axudar.
Que tal a adiviña de onte? Pois claro era o veleiro.
Aquí déixovos outra adiviña un pouco máis difícil: resolve a adiviña e colorea o debuxo que corresponda.





Tamén a profe Mónica enviou unha actividade moi divertida: recorta as formas de cores e
intenta facer as figuras.







Podedes copiar as fichas en cartón e crear outras figuras novas.
Tamén déixovos esta actividade de cousas que podedes atopar na praia. Serás capaz de saber de cal delas hai máis? Fai as sumas para saber o resultado.






Deica mañá.😊😊

19 may 2020

MARTES 19


MARTES 19



Bos días

Que tal a adiviña de onte? Claro era o MAR.
En Galicia o mar é moi importante, pois del vivimos e con él gozamos.
Neste vídeo podedes aprender algunas cousas sobre o mar.




Hoxe déixovos unha nova adiviña:





Tamén un código de palabras entre as que se encontran palabras relacionadas co mar e a praia:





E por último, unha actividade de lóxica-matemática: cruzada.





Deica mañá.😉


18 may 2020

LUNS 18


LUANS 18





Bos días


Hoxe, 18 de maio, celébrase o Día Internacional dos Museos. Desde este enlace:


poderedes facer unha visita virtual ós diferentes museos de Galicia, entre outros o Museo do Mar de Galicia.
Esta semana imos comezar a repasar un pouco do que traballamos sobre o mar, pois cada día fai un pouco máis de calor e pronto poderemos ir a Praia.
Comezamos cunha adiviña: Resolve a adiviña e colorea o debuxo que corresponda.




Tamén déixovos esta actividade de lóxica-matemática para repasar un pouco os números.






 O luns temos educación física, non esquezades mirar o blog do profe Ricardo.

Deica mañá.

15 may 2020

VENRES 15


VENRES 15






Bos días
Rematou outra semana máis.
Hoxe, as profes do CRA de Bergondo temos unha sorpresa para tod@s, mirade no blog da biblioteca para saber de que se trata.
Saberedes a que libro pertenece esta portada?. Fai o crebacabezas e o saberás.








Déixovos unha actividade de lóxica-matemática con as pitas do libro: unir .




Ricardo Carballo Calero pon nome ás galiñas , agora imaxina como as chamarías ti.





Neste enlace podedes encontrar moitos xogos relacionados co día das letras galegas

Bo fin de semana.

14 may 2020

XOVES 14


XOVES 14




Bos días

Hoxe teredes que descifrar o código para saber de que imos falar:




O escritor homenaxeado é: Ricardo Carballo Calero. Fíxate ben, o 1º apelido é o nome dunha árbore: carballo ( roble) que traballamos no outono. Recordas como son as follas de carballo?, e recordas que froito dá?.
Une cunha frecha o carballo coa súa folla e con outra frecha o carballo co seu froito.




E por último un crebacabezas do personaxe de seu libro.





Deica mañá. 😉

13 may 2020

MÉRCORES 13


MÉRCORES 13

Bos días



Seguimos na semana dedicada ás letras galegas. Noso escritor homenaxeado é Ricardo Carballo (Carvalho) Calero, gran defensor da lingua galega.
Imos agora a recordar algunhas das palabras aprendidas en galego, serás quen de saber que significa cada unha?. Pide axuda para ler as palabras.
Relaciona a palabra co animal.



Onte deixei un enlace para ver un vídeo dun libro deste escritor galego: As pitas baixo a chuvia. Saberías dicir quen son os personaxes?. Moi ben, as pitas e a súa familia.
Aquí temos unhas pitas que non paran de comer vermes. Serás capaz de saber cantos vermes come cadas pita?





Por último, serás quen de encontrar diferenzas entre os dous debuxos?.






Deica mañá.😉

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...