MÉRCORES 20
Bos días
Esta semana estamos a falar do mar. Sempre falamos da
importancia de ter as praias limpas pero no vídeo de onte podedes ver
claramente como afecta os animais e o planeta.
Agora que
pronto iremos á praia non o esquezades, pois
todos podemos axudar.
Que tal a
adiviña de onte? Pois claro era o veleiro.
Aquí
déixovos outra adiviña un pouco máis difícil: resolve a adiviña e colorea o debuxo que corresponda.
Tamén a
profe Mónica enviou unha actividade moi divertida: recorta as formas de cores e
intenta
facer as figuras.
Podedes copiar
as fichas en cartón e crear outras figuras novas.
Tamén déixovos
esta actividade de cousas que podedes atopar na praia. Serás capaz de saber de
cal delas hai máis? Fai as sumas para saber o resultado.
Deica mañá.😊😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario