Bos días
Esta semana celebramos o Día internacional do Libro e a profe Eva gustaríalle moito que lle fixésedes un debuxo do voso libro preferido e que enviedes a foto a este correo :
bibliocraber@gmail.com
para publicar todas as fotos no blogue da biblioteca.
Tamén a profe Marisol manda para todos saúdos e esta carta :
Queridos papás e mamás nestes días tan difíciles para todos nós, que nos
toca estar illados nas nosas casas, só dicirvos que aproveitedes estes días
para disfrutar de algo tan valioso como é a familia e voltar a recuperar
eses valores que pola rutina diaria e o traballo case esquecemos.
Disfrutar dos nosos nenos: conversar, xogar, rir.... e tamén aproveitar para
explicarlles o que está pasando coa pandemia (sempre adaptándose a súa
idade) e transmitirlles que agora máis ca nunca fan falla eses valores
dos que vos falaba antes: axudar ós demais, ser empáticos, ser
respetuosos, estar unidos... etc
Recibide un forte abrazo e que estes días vos sexan o máis amenos
posibles.
Marisol quere compartir unhas actividades :
Coma o día 21 é o día da poesía, propóñovos traballar a poesía “Un bico porque sí” de Antonio García Teixeiro, para ello aulas galegas, nos proponen a seguinte actividade:
http://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/03/Un-bico-porque-si.pdf
Pinchando no enlace, poderedes acceder ás actividades.
Tamén este Diploma para colorear e colgar por facelo tan ben:
Por último eu deixo unha actividade de lóxica-matemática:
Estou desexando ver eses debuxos,
Deica mañá😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario