Bos días
Que tal o paseo de onte?. Seguro que foi xenial.
O próximo fin de semana celebramos o día da nai, e a profe Mónica ; que se acorda moito de tod@s , propúxome a seguinte actividade:
Pintura que se infla:
3 culleradas de fariña
3 culleradas de sal
1 culleradas de fermento(levadura) en po
9 culleradas de auga
Dividir a masa en tarros pequenos e mesturar con témperas de diferentes cores.
Pintar con a masa fluída.
Meter no microondas durante 30 segundos.
Podedes facer o debuxo nun prato o nunha bandexa de cartón, quedaría un cadro moi chulo para regalar a mamá.
Pero como tamén temos que traballar un pouco cos números e as letras, aquí deixo estas actividades:
lóxico-matemática: Suma e encontra as sumas que teñen o mesmo resultado.
lectoescritura: cruzadas de palabras:
Deica mañá.😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario